Ferreira de Almeida, Paulo Luís

Ferreira de Almeida, Paulo Luís

Pintor. Estudiou belas artes na Universidade de Porto, na que foi profesor de deseño desde 1997. A súa obra, de referencias figurativas, posúe unha importante débeda co mundo do gravado, en cadros de paleta case monócroma, na que o debuxo e o grafismo están moi presentes. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Julio Resende, o Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1997) e o Premio Pintura Vesperie na Bienal de Montijo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Maputo, Moçambique