Ferreiro Badía, Manuel

Ferreiro Badía, Manuel

Pintor e escultor. Estudiou en Valladolid a imaxinería castelá e gravado en Madrid. Realizou deseños industrias e estudios sobre vidreiras. Participou en numerosas exposicións e nos certames da Federacion Internacional de Medallas. Realizou numerosas esculturas de carácter público, entre as que destacan o monumento a X. Bermúdez de Castro no pazo de Mariñán (1983); Oceanus Atlanticus e Mare Cantabricum, realizadas para o pazo da Deputación da Coruña (1986); os monumentos a Castelao (1986), Pablo Iglesias (1988) e Picasso (1989) na Coruña; o monumento aos Trobadores na illa de San Simón (1998); e o monumento a Camilo Díaz Baliño en Ferrol (1998). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións do concello e Deputación da Coruña, no Museo Nacional de Escultura de Valladolid, no Parlamento de Galicia, na Fundación Caixa Galicia e Preissler Kunsthalle (Pforzhein). Gañou o Premio Tomás Francisco Prieto da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o primeiro premio no Concurso Medallístico da Xunta de Galicia no 1992.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña