Ferrer, casa dos

Ferrer, casa dos

Construción situada en San Estevo de Culleredo (Culleredo). Construído no s XVIII, ten planta en forma de L. A cuberta é a tres augas con tella curva. Conserva unha galería de madeira apoiada en ménsulas de granito e un reloxo de sol no esquinal. Na fachada principal destaca un escudo de catro cuarteis.