Ferrer Salat, Carlos

Ferrer Salat, Carlos

Empresario e deportista. Licenciado en Enxeñería Química (1953), ao rematar os estudios creou o grupo farmacéutico Ferrer Internacional S. A. Licenciouse tamén en Ciencias Económicas e en Filosofía e Letras. En 1973 fundou o Banco de Europa. En 1977 foi un dos fundadores da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), da que ocupou a presidencia ata 1984. Formou parte do comité executivo da Trilateral entre 1979 e 1982. Presidiu a Unión de Confederaciones da Industria e dos Empregadores de Europa (UNICE) dende 1990 ata 1994, ano no que accedeu á presidencia do Comité Económico e Social da Unión Europea, cargo no que permaneceu ata 1996. Proclamouse campión de España de tenis en 1953. Formou parte do equipo español de Copa Davis en 1953 e 1954. Membro do Comité Olímpico Internacional (COI) dende 1985, en 1987 foi elixido presidente do Comité Olímpico Español (COE). Baixo a súa presidencia, que ostentou ata o seu pasamento, creouse o programa ADO. Foi galardoado con numerosas condecoracións, entre as que destaca a Gran Cruz da Real Orde ao Mérito Deportivo (1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso