Ferreras, ponte das
Ferreras, ponte das
Acueduto romano situado en Tarragona. Construído na primeira metade do s I d C, consta de once arcadas na parte inferior e vinte e tres na superior. Sobre a arcada superior pasa un canal aberto que levaba a auga a Tarraco. Empregouse durante a Idade Media. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1905.