ferrería
(
-
s
f
Arte e oficio de labrar e traballar o ferro.
Ex: Está aprendendo ferrería. A economía da vila baséase na ferrería.
Sinónimos: ferraría. -
s
f
[ETN]
Obradoiro no que se traballa o ferro. Está constituído por dúas dependencias. Unha delas é a fornalleira, caixón de madeira montado en catro pés e cheo de cinzas, onde se acende o lume para quentar o ferro, cun fol incorporado para xerar o aire que se precisa; e a outra está destinada ao mazo, onde se bate ese ferro. Estas instalacións están baixo un cuberto con muros de cachotería e cuberta de lousas a dúas augas. A peza máis importante é o mazo, unha especie de martelo xigante constituído por unha roda vertical con dezaseis aletas ou pelas, sobre as que cae a auga contida nun depósito, encaixada no remate dun eixe horizontal, chamado árbore, que tamén a fai mover. No outro extremo van catro tacos de madeira en cruz, os malugreiros, situados enriba do eixe, que ao xirar tropezan alternativamente e levantan o rabo dunha peza chamada mango, panca de madeira que está colocada perpendicularmente á árbore, e desa maneira o mazo vai batendo sobre a última peza, a incre, onde está pousado o ferro que se quere mazar. Para conseguir quecer o metal e traballalo, está a trompa, un cano vertical polo que baixa a auga. Estas construcións foron introducidas en Galicia por ferreiros vascos no s XVI e nelas fundíase o mineral ferroso, ademais elaborábase o ferro en bruto para convertelo en láminas, que logo traballarían os ferreiros nas forxas. O ferro extraíase, principalmente das comarcas luguesas, por mor da abundancia deste mineral, así como a frecuencia de saltos de auga.
Sinónimos: ferraría, fragua, forxa.