Gago
Gago
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe portuguesa. Asentouse en vilas como Pontevedra e Cambados e entroncou con ilustres familias galegas. As súa armas levan, en campo de goles, un castelo de prata, aclarado de sable e asentado nunha rocha, da súa cor natural, que sae de ondas de azul e prata, nas que nadan tres peixes ben ornados; sobre o castelo, unha doncela vestida de azul; o xefe está cosido con tres flores de lis de ouro, postas en faixa.