Gala Placidia

Gala Placidia

Emperatriz romana, filla de Teodosio I o Grande. Apresada por Alarico durante o saqueo de Roma polos visigodos (410), casou co rei visigodo Ataúlfo (414) e acompañouno a Hispania. Enviuvou no 415 e casou con Constancio, xeneral do seu irmán, o Emperador Honorio, e emperador no 421. Trala morte do seu esposo fuxiu a Constantinopla acusada de conspirar contra Honorio e conseguiu que recoñecesen como emperador de Occidente o seu fillo Valentiniano III (425). Exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Consérvase o seu mausoleo en Ravenna.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Ravenna