Galán Carvajal, Julio
Representante do modernismo coruñés, adoptou a tipoloxía tradicional das galerías ao novo estilo. As súas primeiras obras, como o edificio de vivendas da rúa Compostela (1902), foron eclécticas. O seu modernismo caracterizouse pola incorporación nas fachadas de elementos florais, a introdución do ferro forxado nas galerías de madeira e o emprego do ladrillo cara vista. O ornato das súas obras evolucionou cara á abstracción ornamental e achegouno aos postulados da escola de Glasgow e á Sezession vienesa. Entre as súas obras destacan o edificio da rúa Juana de Vega (1907-1908), o da rúa Orzán (1909), o da praza de Lugo esquina coa praza de Compostela (1910) e o situado na confluencia da avenida de Montoto, María Barbeito e a praza de María Pita (1911). Realizou tamén o proxecto da praza da Fonte de Santo Andrés (1910) e, con Antonio de Mesa, un edificio de vivendas na rúa Real. Dende 1991 os colexios oficiais de arquitectos de Asturias, Galicia e León outorgan o Premio Julio Galán Carvajal.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oviedo -
Deceso