Gáldar

Gáldar

Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector noroeste da illa (21.704 h [1991]). É un centro agrícola (plátanos, tomates e cereais) e gandeiro. Ten industria alimentaria e metalúrxica e actividades relacionadas coa floricultura. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o túmulo de La Guancha, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1949, as pinturas rupestres da Cueva Pintada, BIC desde 1994, e o conxunto histórico artístico da praza de Santiago, BIC desde 1981.