Galeguista, O
Galeguista, O
Publicación editada en Santiago de Compostela ao redor de 1980. Subtitulouse “Voceiro do Partido Galeguista” e na súa redacción participaron destacados intelectuais e políticos galegos. En xaneiro de 1981 dedicaron un monográfico á figura de Castelao (nº 3), no que se reproducen varios debuxos deste autor.