Fouce
Fouce
Publicación sindicalista aparecida en 1973 e subtitulada “Voceiro das Comisións Labregas de Galicia”. Os primeiros números editáronse na clandestinidade. Co tempo, pasou a ser a revista identificativa do Sindicato Labrego Galego. Ademais de informar sobre os congresos da organización, ofreceu datos históricos sobre diversas reivindicacións, en especial no que concerne á cota do leite, e un suplemento informativo titulado O Fouciño.