Fouce, A
Fouce, A
Publicación editada en Bos Aires entre o 1 de xaneiro de 1926 e o 25 de xullo de 1936 pola Irmandade Nazonalista Galega. Despois dunha paréntese, en febreiro de 1930 volveu saír editada pola Sociedade Nazonalista Pondal. Malia que nun principio tivo periodicidade irregular, na súa segunda época converteuse en quincenal e mensual. Incluíu información e artigos de carácter político, nos que defendía e difundía os postulados ideolóxicos da entidade editora.