Fouce, A
Fouce, A
Publicación editada en Bos Aires dende o 15 de agosto de 1941 ata o 1 de maio de 1944. No seu encabezamento reproduce máximas de Alfredo Brañas. Dirixida por Vicente Barros e Antón Castro, na súa elaboración participaron algúns membros da Sociedade Nazonalista Pondal, que xa editaran en 1926 unha publicación co mesmo nome, ademais de militantes comunistas. Cunha temática principalmente política, dende as súas páxinas tentaban impulsar un proxecto de unidade nacional antifascista.