Fourier, François-Marie Charles
Filósofo e economista francés. Encadrado na corrente do socialismo utópico, elaborou un sistema social fundado nos falansterios, comunidades de persoas en réxime de cooperativa de produción e consumo. Propugnou a creación dunha sociedade, onde os homes fosen libres de todas as forzas que lle teñen limitado o exercicio das propias posibilidades e o desenvolvemento completo da personalidade; e o amor libre, posto que consideraba que a familia e o matrimonio eran institucións oprimentes. Malia ter defendido unha reforma da sociedade, defendeu a monarquía, pois non impedía a posta en práctica de ningún dos cambios propostos. Considérase como un dos precursores do cooperativismo actual. Entre as súas obras máis importantes cómpre destacar Théorie des quatre mouvements et des destinées génerales (1808), Théorie de l’unité universelle (1822) e Le nouveau monde industriel et sociétaire (1829).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Besançon -
Deceso
Lugar : París