Foxo Rivas, Xosé Lois
Foxo Rivas, Xosé Lois
Gaiteiro e compositor. Formou parte da orquestra da Schola Cantorum, como gaiteiro e clarinetista, foi discípulo do mestre Castiñeira e creou o grupo Toxos e Xestas. Trasladouse a Barcelona e licenciouse en Tradución e Interpretación, ao mesmo tempo que fundou a Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas. Fíxose cargo da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense (1985-1986) e fundou e dirixiu a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Coordinador do Anuario da Gaita, o seu labor centrouse no ensino e promoción da gaita e publicou Os segredos da gaita (1982), Músicas do Caurel (1998-2000) e Cantares da tía Antonia de Atás.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Romeor do Courel, Esperante, Folgoso do Courel