Francisco de Asís, san
Fundador dos franciscanos. Participou na Guerra entre Perusa e Asís e caeu prisioneiro (1202). Trala súa liberación, volveu a Asís e renunciou aos bens materiais e á familia. Recluíuse como eremita en San Damián (1207) e iniciou a predicación, centrando a súa doutrina evanxélica na pobreza. Reuniu un grupo de seguidores, que recibiron a aprobación de Inocencio III (1210) e se converteron na orixe dos franciscanos. Clara de Asís seguiuno e fundou con el a orde das clarisas (1212). Asistiu ao Concilio IV de Letrán (1215), onde o papa confirmou a regra da fraternidade. En 1217 celebrouse o primeiro Capítulo Xeral da orde, que se dividiu en 12 provincias. Dous anos despois uniuse á cruzada, entrevistouse co sultán e, de volta a Italia, retomou a predicación e a vida eremítica. En 1224 foi marcado cos estigmas da paixón de Cristo e canonizado en 1228 por Gregorio IX. A súa festa celébrase o 4 de outubro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Asís -
Deceso