Franco, Camilo
Franco, Camilo
Xornalista e escritor. Como crítico teatral colaborou na Radio Galega e en diversas publicacións como Galicia Internacional, Revista Galega de Teatro e La Voz de Galicia, xornal no que desenvolveu a súa carreira profesional como responsable da delegación de Vilagarcía de Arousa. Da súa produción destaca A lúa no cénit (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (1995), Guía da provincia de Ourense (1997), en colaboración con Francisco Fernández Naval, e Galicia (2002). En internet, ten as obras narrativas Por conto alleo e Necesariamente X e participou nos volumes colectivos Paralelo 42, Narradores de Cine e Unha liña no ceo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense