Franco Bahamonde, Nicolao

Franco Bahamonde, Nicolao

Oficial da Armada e enxeñeiro naval, irmán de Francisco Franco Bahamonde. Director da Escola Superior de Enxeñeiros Navais (1932-1934), en 1935 ocupouse da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 converteuse nun colaborador incondicional do seu irmán, actuando como representante deste ante os militares sublevados. En outubro de 1936 o seu irmán nomeouno secretario xeral do Estado. Ao ano seguinte, foi nomeado embaixador plenipotenciario en Italia, onde mantivo diversas entrevistas con B. Mussolini. En xaneiro de 1938 como embaixador en Lisboa ocupouse da loita contra os intereses monárquicos que conspiraban a favor da restauración de Xoán de Borbón no trono español. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, desenvolveu un importante papel na procura de aliados ao réxime do seu irmán, ante o illamento internacional. De volta en España en 1957, foi nomeado procurador en Cortes por designación directa do seu irmán, dende a sexta lexislatura ata a décima, ao tempo que se ocupou de actividades empresariais, como un dos fundadores de FASA-RENAULT e como director da Unión Naval de Levante.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Madrid