Franco García, José María
Franco García, José María
Avogado. Doutor en Dereito e en Filosofía, estudiou economía agrícola e socioloxía e realizou un master en Legal Institutions na University of Wisconsin. Foi delegado consular de España no estado de Mérida (Venezuela), profesor titular e xefe da cátedra de Dereito Agrario na Universidad de los Andes e profesor de dereito mercantil na Universidade de Vigo. Preside a asociación Amigos da Universidade de Vigo, da que foi fundador. Colaborou en Foro Galego ou Cuadernos para el Diálogo. Entre outras obras coordinou Universidade e Sociedade (1999) e escribiu Autonomía, agricultura e desenrolo de Galicia (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo