Franco Manera, Enrique

Franco Manera, Enrique

Compositor e crítico musical. En 1952 creou o grupo Nueva Música. Foi director musical de Radio Madrid e de Radio Nacional de España, onde creou Segundo Programa (denominado posteriormente Radio 2 e Radio Clásica). Crítico musical de El País. Autor de música incidental para cine e teatro, da súa produción destacan Canciones, sobre textos de R. Alberti, Burgalesas, para canto e piano, e Retablo de Navidad, con texto de Luis Rosales. Das súas publicacións destacan Montsalvatge (1971), Manuel de Falla y su obra (1976), Claudio Prieto (1991) e Falla, Gerhard y su época (1996). Galardoado coa Medalla de Ouro da Fundación Isaac Albéniz e coa Medalla de Ouro ás Belas Artes, recibiu, entre outros premios, o Premio Ondas e o Premio Nacional de Periodismo Rodríguez Santamaría.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid