Franklin, Benjamin

Franklin, Benjamin

Físico e político. En 1726 estableceuse en Philadelphia onde fundou unha imprenta, o diario Pennsylvania Gazette e o Poor Richard’s Almanack (1732-1757). En 1736 elixírono secretario da asemblea de Pennsylvania. Investigou os fenómenos eléctricos, descubriu o poder das puntas metálicas, enunciou o principio da conservación da electricidade e en 1752 inventou o pararraios. Investigou a corrente do Golfo e inventou as lentes bifocais. Director xeral de correos (1753), nomeárono deputado (1775) por Pennsylvania. En 1776 redactou, xunto con Jefferson e John Adams, a Declaración de Independencia dos EE UU. Negociou o tratado de amizade con Francia (1778) e con España (1779). Participou na Convención de Philadelphia (1787). Fundou a Universidade de Pennsylvania, promoveu a instalación da biblioteca de Philadelphia e creou a Sociedade Filosófica Americana. Popularizou a frase Time is money (O tempo é ouro). Ten numerosas obras de carácter filosófico, sobre economía, relixión, política e temas científicos; entre estas últimas destaca Experiments and observations on electricity (Experimentos e observacións sobre a electricidade, 1751).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Boston

  • Deceso

    Lugar : Philadelphia