Franklin Beedle, William
Actor cinematográfico estadounidense coñecido como William Holden. Comezou como actor de radio e de teatro, ata que o descubriu un produtor dos estudios Columbia, para os que realizou a súa primeira película, Golden Boy (Soños de ouro, 1939). A partir dese momento comezou unha brillante carreira cinematográfica na que destacan títulos como Texas (1941), Rachel and the Stranger (Volve mencer, 1948), Sunset Boulevard (O crepúsculo dos deuses, 1950), Born Yesterday (Nacida onte, 1950), Force of Arms (A forza das armas, 1951), Stalag 17 (Traidor no inferno, 1953), pola que gañou un Oscar, Executive Suite (A torre dos ambiciosos, 1954), Picnic (1955), The Bridge on the River Kwai (A ponte sobre o río Kwai, 1957), The World of Suzie Wong (O mundo de Suzie Wong, 1960), The Wild Bunch (Grupo salvaxe, 1969), Wild Rovers (Dous homes contra o Oeste, 1971), The Towering Inferno (O coloso en chamas, 1974), Fedora (1977) ou S.O.B. (Somos honrados bandidos, 1981).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : O’Fallon, Illinois -
Deceso
Lugar : Santa Monica, California