Fránquila, san
Frade galego e primeiro abade do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Creou con san Froitoso, san Manilán, san Valerio e san Xenadio unha cadea de mosteiros dende o Bierzo ao Atlántico, o que se chamaría a Tebaida galega ou a Ribeira Sagrada que algúns investigadores interpretaron como Roboria Sacrata (‘carballeira sagra’). Concentrou a case todos os cenobitas galegos no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que restaurou; neste lugar fundou unha escola, de onde sairían os fundadores dos principais conventos do sur de Galicia e do norte de Portugal. Tamén colaborou na reconstrución dos mosteiros de Santa María de Loio e São Cristóvão de Lobrugia. Pervive como topónimo na Limia, Santa María de Donfranque. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Celanova