Frascati

Frascati

Cidade da provincia de Roma, no Lazio, Italia, situada na vertente S dos Monti Albani (20.123 h [1996]). Fundada no s XII trala destrución da antiga Tusculum, converteuse desde o s XVI no lugar de repouso das familias nobres romanas. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (s XVII), a igrexa de Santa Maria (s IX), reconstruída no s XV, e as vilas Aldobrandini, Torlonia, Lancellotti e Mondragone. Ten un centro de investigacións nucleares.