Frege, Friedrich Ludwig Gottlob

Frege, Friedrich Ludwig Gottlob

Filósofo e matemático alemán. Fundador da lóxica matemática moderna, foi un dos pensadores que máis contribuíu a conformar a filosofía do s XX, ao crear importantes conceptos no eido da filosofía da linguaxe, que denominou ideografías. Profundizou, ao longo da súa vida, no problema da natureza dos números naturais e na fundamentación da aritmética. O seu obxectivo final, denominado programa loxicista, consistía en reducir a artitmética á lóxica, para o que definiu as nocións aritméticas a partir de nocións puramente lóxicas e deduciu os axiomas aritméticos a partir de principios lóxicos. Non obstante , ante as limitacións da lóxica tradicional, elaborou unha nova lóxica máis precisa e potente que permitía desenvolver a matemática a partir dela. Entre as súas obras destacan Begriffsschrift, eine der arithmetischen nachgebildete Formelsprache des reinen Denkens (Ideografía: unha linguaxe formalizada do pensamento puro a base da linguaxe aritmética, 1879) e Grundgesetze der Arithmetik (Leis básicas da aritmética, 1893).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wismar

  • Deceso

    Lugar : Bad Kleinen