Fremont
Fremont
Cidade do estado de California, EE UU, ao SL da costa da baía de San Francisco (187.800 h [1996]). Formouse en 1956 pola aglomeración de cinco comunidades: Centerville, Irvington, Niles, Mission San José e Warm Springs. Do seu patrimonio cultural destacan a misión San Jose de Guadalupe (1797), o muíño de Vallejo, o cemiterio de Saint Joseph e a Patterson House.