Fréron, Stanislas Louis
Fréron, Stanislas Louis
Político. Fundou en París o diario L’Orateur du peuple (1790), que se converteu posteriormente no órgano da reacción antixacobina. Deputado da Convención, reprimiu con fortes represalias ás insurreccións xirondina e realista en Marsella e Toulon (1793). Foi un dos principais responsables da caída de Robespierre (1794), pero só obtivo de Napoleón Bonaparte o posto de comisario en Santo Domingo (1799). Foi desde 1800 amante de Pauline Bonaparte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Santo Domingo