Freud, Anna

Freud, Anna

Psicanalista, filla de Sigmund Freud. Comezou como mestra nos seus inicios e mostrou grande interese pola psicoloxía e educación infantil e polos trastornos psíquicos. Traballou con seu pai no desenvolvemento da teoría da psicanálise e, desde 1938, viviu con el en Londres. En 1947 fundou o Hampstead Child-Therapy Clinic, que ela dirixiu desde 1952, onde se celebran cursos de terapia infantil. É unha das autoras máis representativas da psicoloxía do eu. Colaborando con Dorothy Burlington, publicou Young Children in Wartime (1942), Infants without Families (1943), e War and Children (1943). Ademais cómpre destacar as súas obras Das Ich und die Abwehrmechanismen (O eu e os mecanismos de defensa, 1936), Normality and Pathology in Childhood (1965) e The Writings of Anna Freud (1973).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Londres