Freund, Gisèle
Fotógrafa. Fuxiu a Francia en 1933. En 1936 instalouse en París e doutorouse na Universidade da Sorbonne, onde publicou a súa tese La Photographie en France au XIXème siècle (1940). Colaborou con Life, Vu e Weekly Illustrated e en 1942 marchou a Bos Aires, invitada pola editora da revista Sur, Victoria Ocampo. Neses anos percorreu Hispanoamérica e traballou para diversas publicacións europeas e americanas. Ilustrou algúns libros de André Malraux e retratou a moitos personaxes famosos, como James Joyce, Jean Paul Sartre ou Virginia Woolf. Pertenceu á axencia Magnum (1948-1956) e colaborou con Robert Capa. Expuxo a súa obra en París, Londres e Nova York. Publicou: James Joyce in Paris: His Final Years (1965), The World in my Camera (1974) e A fotografía como documento social (1980).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : París