Friedrichshafen

Friedrichshafen

Cidade do länd Baden-Württemberg, Alemaña, á beira do lago Constanza (53.700 h [1990]). É un centro turístico e núcleo industrial. Fundada en 1811 por Federico I de Württemberg coa unión das cidades de Buchhorn e de Hafen, converteuse desde 1824 na residencia real de verán. En 1900 estableceuse na cidade a Zeppelin LZl co que se converteu no centro mundial da construción aeronáutica. Durante a Segunda Guerra Mundial sufriu numerosos bombardeos. Do seu patrimonio cultural destacan o palacio ducal e a igrexa do antigo mosteiro beneditino (s XVII).