Frieira, encoro de

Frieira, encoro de

Encoro sobre o curso baixo do río Miño, provocado pola presa de Frieira, na parroquia da Quintela (Crecente). O encoro asolaga terras das parroquias da Quintela, O Freixo, Sendelle, Angudes, Rebordechán e Filgueira (Crecente), Francelos (Ribadavia), Desteriz e O Condado (Padrenda), Trado (Pontedeva), Valongo, Cortegada, Rabiño e Meréns (Cortegada) e A Arnoia (no concello homónimo).