frieirés -sa
frieirés -sa
adx
[ZOOL]
Aplícase á raza bovina morena galega, de cabeza pequena e curta co perfil subcóncavo, fronte e morro anchos. Os cornos son longos, coas puntas escuras dirixíndose cara a adiante e cara a abaixo, que rematan en alto, e coas puntas lixeiramente cara a fóra. O pelame é castaño, máis escuro na cara, pescozo, papada, antebrazo e rexión ventral. Polo seu temperamento tranquilo foi moi apreciada como animal de traballo, e pola rusticidade, como produtora de becerros. É unha raza propia da comarca de Monterrei, nos concellos galegos da Mezquita, A Gudiña, Ríos, Vilardevós, Verín, Oímbra, Laza, Castrelo do Val e Monterrei. A área de distribución traspasa nalgunhas aldeas a administración galega no límite co NO de Zamora e o N de Portugal.