Fries, Elias Magnus

Fries, Elias Magnus

Micólogo. A partir dos doce anos centrou o seu interese nos fungos e aos dezasete identificaba máis de 300 especies, polo que se constituíu xa nun especialista na materia. Constitúe, xunto con C. H. Persoon, un dos fundadores da micoloxía ao establecer unha taxonomía para os fungos baseada na coloración da esporada, na morfoloxía do himenio e, por primeira vez, en características microscópicas, aínda que de xeito limitado. Entre as súas 26 publicacións, nas que cita máis de 3.000 especies de fungos, destacan: Systema mycologicum, sistens fungorum ordines, genera et species huc usque cognitas (1821-1832); Lichenographia Europaea reformata (1831); Hymenomycetes Europaei (1874); e Icones selectae Hymenomycetum nondum delineatorum (1877).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Femsjoë, Suecia

  • Deceso

    Lugar : Uppsala