froita
(< froito)
-
s
f
[ALIM]
Froito comestible para o home. Denomínase froita fresca a que se pode consumir de xeito directo, sen preparación, e preferiblemente pouco despois da colleita. Distínguense, entre outras, os cítricos, a froita de carabuña e a froita de semente. Considérase froita seca, ou froitos secos, as abelás, noces, castañas, améndoas, cacahuetes, e os figos, uvas pasas e dátiles deshidratados. Os compoñentes principais da froita fresca son a auga (85-95% do peso) e os hidratos de carbono, como a glicosa, frutosa e a sacarosa (3-5% do peso). A celulosa e outros compoñentes da fibra alimentaria están nas membranas. Moitos froitos conteñen glicósidos polifenólicos máis ou menos específicos; son importantes os ácidos órganicos (cítrico, málico, tartárico) que diminúen, ao igual que as pectinas, durante a maduración. Os aceites esenciais que conteñen as froitas contribúen ás súas condicións organolécticas como o sabor e o olor. En xeral, o valor enerxético da froita fresca é baixo (20-90 kcal/100 g); o seu valor nutritivo depende dos azucres, pero sobre todo das vitaminas e os elementos minerais que conteñen. A froita seca ou oleaxinosa presenta pouca auga (4-7% do peso), amidón e unha cantidade importante de prótidos (15-25%). Ten un valor enerxético alto (450-650 kcal/100 g) e é tamén interesante polo seu contido en vitaminas e elementos minerais.
-
froita do tempo
Froita que se recolle na estación ou temporada en que madura.
Refráns
- A poma no regueiro e a moza no mesón maduran antes de sazón.
- Figos á figueira, vellos á golfeira.