Frondizi, Risieri

Frondizi, Risieri

Filósofo arxentino. Foi reitor da Universidad de Buenos Aires. Centrou a súa investigación no problema da estrutura do eu e dos valores. Propugnou que o valor non é algo exclusivo no senso de que non é nin algo totalmente obxectivo, nin subxectivo, senón un todo complexo. Desenvolveu unha axioloxía ou teoría dos valores na que afirmou que cómpre distinguir entre valores e bens. Entre as súas obras destacan Descartes y la filosofía inglesa do s XVII (1938), Que son los valores? (1958) e El Hombre y los valores en la filosofía latinoamericana del siglo XX (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Posadas