Fronte Popular

Fronte Popular

Fronte común propugnada por movementos de esquerda, de carácter defensiva e que reunía as organizacións da clase obreira, dos campesiños e da pequena burguesía urbana e liberal a fin de frear o avance do fascismo e do nacionalsocialismo. Inaugurada polos franceses e consolidado polo VII Congreso do Komintern (1935), como expoñente da táctica do movemento comunista mundial, tivo tamén a súa expresión en España (1936), Indochina (1936), China (1937) e Chile (1938).