Fry, Christopher
Fry, Christopher
Autor dramático inglés. Traduciu a Ibsen, Rostand, Anouilh ou Giraudoux e foi guionista de cine en películas tan famosas como Ben Hur e The Bible. A súa obra dramática caracterízase pola influencia de T. S. Eliot, como se comproba en The Lady’s Not for Burning (1949) ou Sleep of Prisoners (1951). Outras veces imita o teatro de Bernard Shaw, como en A Phoenix too Frequent (1946). Outras obras súas son The Dark is Light Enough (1954), Curtmantle (1961) ou Death is a Kind of Love (1979).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bristol