Fuensanta de Martos
Fuensanta de Martos
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do río Víboras (3.391 h [1996]). A economía é agrícola (oliveiras e cereais), con industrias derivadas. Con ocupación ibera e romana, o seu señorío pertenceu desde 1228 á orde militar de Calatrava. Constituíuse como municipio en 1835. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto fortificado ibero do Cerro del Algarrobo, as vilas romanas da Atalaya e Las Monjas, a igrexa de Nuestra Señora de Fuensanta (s XVI) e a fonte de La Negra.