Fuente Santos, Enrique de la
Fuente Santos, Enrique de la
Xogador internacional de voleibol. Debutou na división de honor española en 1993 co Club Vigo Voleibol. En 1996 fichou polo Cannes francés, co que se proclamou campión da Copa de Francia en 1998 e da Recopa de Europa en 1999. Despois, en 1999, marchou xogar a Italia. Coa selección española participou en campionatos de Europa e do Mundo, na Liga Mundial e nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo