Fuente-Álamo

Fuente-Álamo

Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao S da provincia, no límite coa Comunidad Autónoma de Murcia (2.449 h [1996]). A economía é agrícola (cereais, oliveiras, viña e hortalizas), con industrias derivadas (viño e aceite). De orixes prehistóricas, identifícase coa cidade grega de Mainetes. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Dionisio Aeropagita (s XVIII-XIX).