Fukushima

Fukushima

Capital do ken homónimo, ao N da illa de Honshū, Xapón, situada na beira do río Abukuma (287.525 h [1997]). É unha rexión dedicada á sericultura e ao cultivo de árbores froiteiras (melocotóns). Posúe unha importante central nuclear. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, os budas do monte Shinobu, o templo Daizou-Ji e a casa Minka-En.