fundamentalismo

fundamentalismo

(

  1. s m [RELIX]

    Nome co que se designan todos aqueles movementos relixiosos ou políticos que implican a aceptación dun dogma único e exclusivo que impón a observación dunha moral estrita. Aplícase este nome a actitudes e movementos tamén designados cos termos de integrismo, dogmatismo, esencialismo ou fanatismo, entre outros. No aspecto relixioso, os diversos fundamentalismos caracterízanse pola conciencia de minoría, a negación da racionalidade moderna, a infalibilidade do líder e a creación dun inimigo. Entre os católicos o fundamentalismo máis claro foi o iniciado polo arcebispo Marcel Lefebvre (1905-1991), que se declarou abertamente oposto ao aggiornamento impulsado por Xoán XXIII e ao Concilio Vaticano Segundo. O xudaísmo ten igualmente sectores fundamentalistas, os ortodoxos. Entre os musulmáns, pódense considerar como precursores do fundamentalismo islámico actual o wahhabismo, fundado en Arabia en 1745 polo xeque Muhammad ibn’Abd al-Wahhab, e o salafismo, que tivo entre os seus ideólogos o persa Gamal al-Din-al-Afgani (1838-1897) e o exipcio Muhammad’Abduh (1849-1903). A rama sunnita do fundamentalismo islámico ten o seu máximo expoñente na organización dos Irmáns Musulmáns. Movementos fundamentalistas con transfondo político son os que se poden localizar, entre outros países, en Arabia Saudí, Alxeria e Marrocos. Entre o sector xiíta, o fundamentalismo islámico ten tamén outro foco na revolución iraniana do ayatollah Khomeynī, que en 1979 conseguiu instaurar un réxime baseado na ortodoxia islámica.

  2. s m [POLÍT]

    Tendencia, especialmente política, que aplica fielmente ás normas e principios dunha doutrina establecida.

  3. s m

    Actitude de quen se mostra radical nas súas crenzas ou opinións.

Palabras veciñas

fundador -ra | fundamentación | fundamental | fundamentalismo | fundamentalista | fundamentar | fundamento