fundamental

fundamental

(

  1. adx

    Que serve de base ou de fundamento.

    Ex: Configuraron por referendo as leis fundamentais.

  2. adx

    Que é o que ten maior importancia.

    Ex: Trataron as cuestións fundamentais e deixaron as accesorias.

    Sinónimos: capital, crucial, primordial, principal, esencial.
  3. adx [MÚS]
    1. Aplícase ao son básico dun acorde, ao son xerador da serie dos harmónicos e ao son básico dunha escala modal, habitualmente chamado nota final ou tónica.

    2. Aplícase á tonalidade básica dunha obra musical.