principal

principal

(

    1. adx

      Que é o máis importante.

      Ex: Vive na rúa principal da vila. Estaban os principais políticos do país.

    2. adx e s m [CONSTR]

      Piso que se ve inmediatamente sobre a planta baixa, se non hai entresollado.

  1. adx

    Que é esencial ou fundamental.

    Ex: Esa foi a principal razón para non vir.

    Sinónimos: capital, primordial.
  2. adx [LING]
    1. Que non perde o seu acento na frase, en oposición aos proclíticos e enclíticos que si o perden.

    2. Que ten significación independente, fronte a aquelas palabras que non a teñen por si mesmas, como os pronomes, as preposicións ou as conxuncións.

  3. s [RELIX]

    Xefe dunha orde relixiosa.

  4. s [DER]

    Persoa que concede un poder respecto do seu apoderado.

  5. s m [ECON]

    Capital dunha obriga, débeda ou censo, en oposición ao rédito, pensión ou canon.

  6. [FÍS]
    1. eixe principal

      Eixe de revolución dun sistema óptico centrado.

    2. plano principal

      Cada un dos dous planos perpendiculares ao eixe principal dun sistema óptico centrado que teñen a propiedade de ser cortados polos raios incidente e emerxente correspondentes á mesma distancia do eixe.

    3. punto principal

      Cada un dos puntos en que os planos principais dun sistema óptico cortan o eixe do sistema.

  7. eixe principal [FÍS]

    Cada un dos eixes respecto dos que se diagonaliza calquera tensor de orde 2 asociado a unha propiedade física dos corpos (eixes principais de inercia ou eléctricos).