funicular
(< lat funicŭlu ‘corda’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao funículo.
-
[TRANSP]
-
adx
Que funciona mediante unha corda, cable ou cadea.
-
s
m
Ferocarril apto para remontar fortes pendentes que recibe a tracción mediante un cable accionado por unha máquina fixa. Componse de dous vehículos atados respectivamente a cada un dos cabos do cable e este pasa por una polea motriz de gran diámetro situada na estación superior. Os dous vehículos desprázanse cun movemento alternativo de vaivén sobre dúas vías paralelas ou ben sobre unha vía única cun tramo de vía dobre á metade do percorrido. Existen funiculares de accionamento hidráulico movidos polo peso do vehículo descendente, lastrado con auga na estación superior, mentres que o ascendente baleira o lastre na inferior.
-
funicular aéreo
telecabina.
-
adx
-
adx
Aplícase a un tipo de torques e braceiras castrexas que presenta unha decoración en forma de corda ou arame enrolados.