funículo

funículo

(

  1. s m [ANAT]

    Estrutura anatómica cunha morfoloxía semellante a un cordón.

  2. s m [ANAT]

    Cada un dos cordóns ou columnas de substancia branca da medula espiñal.

  3. s m [BOT]

    Filamento que une o óvulo e despois a semente coa placenta no ovario dunha planta con flor.

  4. s m [ENTOM]

    Parte da antena dos insectos que se forma pola unión duns cantos artellos.

  5. s m [ARTE]

    Moldura decorada que imita unha corda de gran grosor mediante espirais entrelazadas.

Palabras veciñas

fungus* | funicular | funiculite | funículo | funiculocentese | funil | Funiu Shan