fuselaxe
fuselaxe
(< fr fuselage)
s
f
[AERON]
Corpo estrutural principal dunha aeronave, xeralmente fusiforme, destinado á tripulación, aos pasaxeiros e á carga, que leva montados o grupo propulsor e o tren de aterraxe, excepto nos hidroavións, nos que serve para amarar. A estrutura da fuselaxe, ademais de ter lixeireza e resistencia, debe adaptarse a unha forma que depende de factores aerodinámicos e das necesidades de espazo interior; está constituída por uns elementos internos, que forman unha carcasa, semellante á das construcións navais, e un revestimento.