fusible

fusible

(

  1. adx

    Susceptible de fundirse ou de ser fundido.

  2. s m [TECNOL]

    Elemento ou dispositivo de protección do circuíto ou conxunto de circuítos dun aparato, dunha instalación, etc, contra as sobrecargas ou os curtocircuítos accidentais. Contén un fío ou elemento fusible metálico que é percorrido pola corrente do aparato que se quere protexer e que abre o circuíto ao se derreter por un exceso de corrente. Os tipos de fusibles máis comúns son os de rosca e os de cartucho. Para aplicacións especiais empréganse tamén fusibles retardados e fusibles de acción rápida ou extrarrápida.

Palabras veciñas

fuselaxe | Fushun | fusibilidade | fusible | fusiforme | fusil | fusilamento