Galga, A
Galga, A
Colectivo de comunicación obxectual fundado por Xaime Cabanas, Xabier Correa Corredoira e Mon Vasco en 1977. Na primavera de 1981 editaron unha revista de tendencia vangardista na Coruña na que incluíron artigos sobre literatura, cómics, debuxos e fotografías. Tamén tivo cabida a poesía, o teatro e a narrativa breve.